lunes, 15 de junio de 2020

Actividades de ampliación


Proposta para traballar a LÓXICO- MATEMÁTICA

Un exemplo de actividade que realizamos na aula para traballar as matemáticas cun enfoque ABN.  É un material manipulativo para traballar os distintos aspectos relativos ao conteo e á numeración. Con este recurso poden traballar individualmente ou en parellas para axudarse mutuamente.



Proposta para traballar a MEMORIA

Un xogo que empregamos para traballar a memoria e a atención nos Xermoliños é o xogo do memory. Neste caso é sobre os animais, pero podémolo adaptar a calquera temática. Poden xogar por parellas ou en grupo, así ademais de traballar a memoria, tamén aprenden a xogar en equipo, a respetar as quendas e as regras do xogo.


Proposta para traballar a LECTOESCRITURA

Unha das moitas actividades para traballar a lectoescritura na cal se fomenta a aprendizaxe das letras mayúsculas e familiarizarse coas minúsculas dun xeito significativo para eles. Nela terán tarxetas cos nomes dos nenos/as da aula e deberán ir buscando letra a letra e crear o nome. Unha vez practiquen cos nomes da clase, poden facelo con novos nomes que non sexan tan familiares. Pode levarse a cabo de xeito individual ou por parellas, onde un elixe a tarxeta e outro realiza o exercicio, á vez que vai sendo corrixido polo compañeiro/a.



Actividades de ampliación

Proposta para traballar a LÓXICO- MATEMÁTICA Un exemplo de actividade que realizamos na aula para traballar as matemáticas cun enfoque...